Quiroga achega un concerto da banda de música Santádega

RibeiraSacraXa
O Concello de Quiroga acollerá un concerto do ciclo o domingo 25, ás 13,00 horas, a cargo da Banda de Música Santádega.
22 Xul 2021

O ciclo O País das Bandas chega a Quiroga cun concerto a cargo da banda de música Santádega o vindeiro domingo 25 ás 13 horas.

A banda foi creada en 2008 por Luis Humberto Cao e dirixida por Roberto Iglesias Rey, esta agrupación ofrecerá no repertorio Tercio de quites, Paisaxes galegas, Ross Roy, Alborada galega e Muiñeira dos pendellos. Completan o programa Agárrate saxo, Uprising, Santana e Que rico el mambo. O peche porano Os mozos do penedo e Tequila.

O obxectivo deste ciclo -que conta con case un cento de concertos- é impulsar a recuperación da actividade das bandas na Comunidade, como grandes depositarias da tradición  musical galega.

0.12929391860962