Proxección do filme Grease nunha sesión de autocine no concello de Pantón
RibeiraSacraXa
Proxección do filme Grease nunha sesión de autocine no concello de Pantón, o día 23 de agosto ás 22.00 horas
20 Ago 2022
O martes día 23 terá lugar na Praza do Concello de Pantón unha homenaxe a Olivia Newton-John pola difusión que tivo a súa visita ao concello, posto que permitiu que se dese a coñecer en distintas partes do mundo.
Por iso, o concello organiza unha sesión de autocine ás 22.00 horas na que se proxectará o filme de Grease. Todos aqueles interesados en asistir, deberán anotarse na seguinte páxina: http://autocine.gal/