Preséntase en Chantada o libro gañador do Certame Condado de Pallares

RibeiraSacraXa
O 15 de outubro, ás 20.30 horas en Chantada preséntase o libro gañador da XIII Edición do Certame de Investigación Condado de Pallares.
espectaculo butacas
13 Oct 2021

Este venres, 15 de outubro, ás 20.30 horas no Auditorio Municipal de Chantada preséntase o libro gañador da XIII Edición do Certame de Investigación Condado de Pallares.

A obra, titulada A Comarca de Chantada no século XVIII. Economía e sociedade, é unha obra conxunta dos autores da comarca de Chantada: Xosé Méndez Pérez, Tamara González López e Claudio Otero Eiriz.

Este certame, organizado pola Asociación Amigos do Mosteiro de Ferreira de Pallares, busca promover os labores de investigación nos ámbitos da lingüística, da historia, a arte, a arqueoloxía, a antropoloxía, etnografía e o folclore no antigo territorio que conformaba o Condado de Pallares.

Así pois, o Certame conta coa colaboración coa secretaría xeral de Política Lingüística, a dirección xeral de Políticas Culturais, a Deputación de Lugo, os R. Comarca de Lugo e Miño Ulla, Caixa Rural Galega e os concellos de Guntín, Taboada e Chantada.

cartel chantada presentación libro
0.1968719959259