Pódense presentar alegacións aos orzamentos de Quiroga do ano 2024 ata o vindeiro 27 de maio

RibeiraSacraXa
Os orzamentos aprobados provisionalmente polo Concello de Quiroga para este 2024 atópanse en exposición pública ata o vindeiro 27 de maio tras a súa publicación no BOP.
pleno Quiroga
12 Maio 2024

Os orzamentos aprobados provisionalmente polo Concello de Quiroga para este 2024 atópanse en exposición pública ata o vindeiro 27 de maio tras a súa publicación no BOP. Durante este período poderanse presentar alegacións, de non ser o caso, publicaranse para a súa aprobación definitiva.

Os presupostos, de 5.497.099 euros, case 800.000 € máis que os do pasado ano; aprobáronse co voto favorable de Independentes por Quiroga, PSdeG-PSOE e BNG e coa abstención do Partido Popular e recollen unha inversión de máis de 700.000 euros que se destinará maioritariamente á reparación de vías locais, rúas e camiño, accesos a núcleos e pavimentación.

Tamén se inclúe neste apartado a realización dunha auditoría da Rede de abastecemento de auga, melloras na eficiencia enerxética na iluminación pública e da casa do concello; a restauración de sendeiros da Rede Natura e a mellora da sinalización e dos recursos turísticos son outros dos proxectos que se inclúen destro deste orzamento. Nestas inversións contémplase ademais a adquisición dun tractor para desbroces.

Neste apartado de investimentos, o orzamento contempla a financiación que recibirá o Concello por parte da Xunta de Galicia, da Deputación Provincial de Lugo e de Augas de Galicia.

0.1254608631134