Pintores e artesáns de Trives organizan unha mostra colectiva en Santa Leonor

Un extenso grupo de artistas nacidos e vencellados á Pobra de Trives organizan unha mostra colectiva inédita para amosar a gran calidade artística que existe neste municipio.
Titulada ‘Trives no Tempo’, a mostra consta de 70 obras dun total 18 artistas, entre os que se atopan tanto pintores como artesáns. Entre eles están nomes como Julio Vázquez, Pili Portal, Conchi Baloira, Aurora López, Xosé A. Fernández, Aurora Espina, Olga Caneiro, Marcelo Martínez, Xoan C. Domínguez, Ubaldo García, César A. Garrido, M. Carmen Chio, Lulú, Olimpia Arias, Vita Baliabas, Teté Garrido, Eva Quintena e Jana.
A inauguración terá lugar este sábado, 29 de marzo, ás 12.00 horas en Santa Leonor.