Piden que se repare a estrada da rúa Deputación en Ribas de Sil

RibeiraSacraXa
Piden que se repare a estrada da rúa Deputación en Ribas de Sil na que hai afundimentos que supoñen un risco
Estrada afundida Ribas de Sil
15 Feb 2023

O PP de Ribas de Sil súmase aos veciños e veciñas en urxir ao goberno local a reparar con seguridade a estrada da rúa Deputación nun tramo que presenta afundimentos e varios buratos que supoñen un risco para os usuarios e que ademais coincide cun paso inferior dedicado á canalización de augas.

O presidente da xestora do PP local, Jose Rodríguez, advirte da existencia de "danos no interior dese túnel". O popular sinala tamén que "xa pasou algo similar fai dous anos e nese momento cubriuse o túnel con formigón, pero agora volve pasar demostrando que non era a solución".

Por iso, esixe "unha reparación que garanta a seguridade na estrada" e traslada a súa preocupación pola situación da zona tendo en conta que se trata dunha estrada moi transitada. De feito, explica que "cando pecha o paso a nivel, os vehículos pasan por esa rúa que conecta con San Román".

Estrada afundida na rúa Deputación Ribas de Sil
0.080646991729736