Pantón acolle a obra de teatro O Achado do Castro
RibeiraSacraXa
Este domingo 7 de novembro chega ao Concello de Pantón o grupo de teatro do hospital HULA coa obra O Achado do Castro.
2 Nov 2021
Este domingo 7 de novembro chega a Pantón o grupo de teatro do hospital HULA coa obra O Achado do Castro, unha obra que nos leva á Roma antiga pero que, sen embargo, faino xogando coa lingua e obrigando a que os personaxes falen con termos de hoxe en día. Esto leva a situacións cómicas cunha lingua especial.
Así pois, a actividade está organizada polo Concello de Pantón e colabora a área de cultura, patrimonio histórico artístico e Normalización Lingüística da Deputación.
A obra de teatro realizarase ás 18 horas no salón de actos da casa da cultura de Pantón e levaranse a cabo as medidas sanitarias correspondentes.