Pantón acolle a mostra 'Copacabana' dentro do programa do Outono Cultural

Esta tarde, ás 18.00 horas do domingo, 10 de novembro, terá lugar a primeira cita co teatro dentro do programa Outono Cultural de Pantón.
O grupo de teatro Viraventos de Monforte de Lemos subirase ao escenario da Casa da Cultura de Pantón para representar a súa obra 'Copacabana'.
A cita conta coa colaboración do Concello de Pantón e a Deputación de Lugo, e encádrase dentro do programa Buxiganga.