Os Reis Magos pechan a súa visita a Monforte con encontros en centros de maiores e persoas con discapacidade

RibeiraSacraXa
As Súas Maxestades percorreron varios centros do municipio este martes 6 de xaneiro tras a multitudinaria Cabalgata
Reis-Magos-centro-de-discapacidade-Monforte
7 Jan 2026

Os Reis Magos de Oriente puxeron o broche final á súa visita a Monforte de Lemos este martes 6 de xaneiro cun percorrido polos centros de atención a maiores e persoas con discapacidade do municipio. Despois da multitudinaria Cabalgata celebrada o día anterior, que encheu de ilusión as rúas da cidade, as Súas Maxestades reservaron a xornada festiva para compartir tempo cos usuarios destes espazos.

Durante a visita, os Reis mantiveron conversas coas persoas atendidas, ofreceron momentos de acompañamento e repartiron caramelos, levando así o espírito do Nadal a diferentes colectivos do municipio.

Para facer posible o percorrido, persoal do Concello de Monforte encargouse dos desprazamentos, permitindo que as Súas Maxestades visitasen ao longo da tarde a Residencia Asimédica Virgen de la Luz, a Residencia de Maiores do Malecón, o Hogar San José das Hermanitas de los Ancianos Desamparados, Domus Vi e Prodeme.

⚙ Configurar cookies
0.079435110092163