Os participantes do Discamiño 2021 de Bóveda recibiron as compostelanas

RibeiraSacraXa
Varios usuarios do centro de Bóveda para persoas con discapacidade física recibiron as súas compostelanas despois de completar o Discamiño
Boveda entrega compostelanas discamino (1)
29 sep 2021

Varios usuarios do centro de Bóveda para persoas con discapacidade física recibiron hai uns días as súas compostelanas despois de completar o Discamiño 2021.

O Discamiño naceu cando en agosto de 2009, Gerardo, unha persoa sordo-cega de Vigo logrou facer o Camiño de Santiago pedaleando sobre un Copilot. Actualmente, esta é unha iniciativa para que todas aquelas persoas con algunha discapacidade física, intelectual ou sensorial que o desexen, poidan completar un tramo do Camiño de Santiago.

Na edición Discamiño de este ano, os participantes, entre os que se atopa un grupo de Bóveda usuario do Domus VI, completou en tres etapas un percorrido entre Vigo e Santiago. De feito, no Centro Sociocultural da vila pódese gozar dunha mostra de fotografías desta experiencia.

A maiores, esta semana recuperarase con imaxes e un vídeo o que deu de si o Discamiño 2021.

discamino compostelanas boveda
discamino boveda compostelanas
0.14315795898438