Os parques infantís de Quiroga serán mellorados grazas a un convenio entre o Concello e a Deputación de Lugo

RibeiraSacraXa
Os traballos, cun investimento de 50.000 euros, centraránse nas zonas infantís do Parque da Constitución, o da Igrexa e o da Praza de España
parque-quiroga
15 Dec 2025

O Concello de Quiroga levará a cabo un proxecto de acondicionamento e mellora nos tres parques infantís do municipio grazas a un convenio entre o Concello e a Deputación Provincial de Lugo que permitirá investir 50.000 euros nestas melloras.

Así, no Parque da Constitución renovarase a zona do areeiro infantil, mellorando a seguridade coa instalación dun valado de madeira con dous accesos e a substitución da area por outra de textura máis fina. Ademais, retiraranse os elementos de xogo deteriorados e reubicaránse os que están en bo estado. Tamén se colocará pavimento continuo de caucho, unha fonte de auga potable e instalarase unha tirolina.

No Parque da Igrexa substituiranse varios xogos, arranxarase o pavimento de pedra e recolocaranse as losas de caucho, mentres que no Parque da Praza de España incorporarase un elemento de sombra tipo téxtil para mellorar o confort, especialmente durante os meses de máis calor.

⚙ Configurar cookies
0.098649024963379