Os nenos e nenas de Chantada poderán formar parte da Cabalgata de Reis Magos como paxes

RibeiraSacraXa
O vindeiro 5 de xaneiro terá lugar a Cabalgata dos Reis Magos en Chantada, a partir das 18.
27 Dec 2023

O vindeiro 5 de xaneiro terá lugar a Cabalgata dos Reis Magos en Chantada, a partir das 18.00 horas, e desde o Concello anuncian que todos os nenos e nenas que queiran formar parte deste momento único como paxes dos Reis Magos poden participar apuntándose na Casa da Cultura de Chantada.

Concretamente, din que mellor sexa un pai, nai ou titor que os apunte antes do 3 de xaneiro, xa que deben precisar de autorización adulta e as prazas son limitadas.

Así, para facer a inscrición deberán achegarse á Casa da Cultura de Chantada de 10.00 a 14.00 horas ou de 16.00 a 20.00 horas de luns a venres, e de 10.00 a 14.00 horas os sábados.

0.15259003639221