Os nenos e nenas do PAI de Carballedo sumáronse ás celebracións do Entroido

RibeiraSacraXa
Os máis pequenos compartiron unha xornada chea de diversión para celebrar esta tradición
pai-carballedo-entroido
20 Feb 2026

Os nenos e nenas do Punto de Atención á Infancia (PAI) de Carballedo sumáronse ás celebracións do Entroido cunha festa especial de disfraces na que os máis pequenos puideron compartir momentos de diversión para celebrar esta tradición.

Desde o Concello de Carballedo destacaron a implicación do equipo educativo e das familias, cuxo traballo fai posible “que celebracións coma esta estean cheas de maxia”.
Ademais, o pasado domingo 15 de febreiro, o Concello organizou un Concurso de Disfraces no Pavillón Municipal de A Barrela, que contou cun gran éxito de participación.

⚙ Configurar cookies
0.078387022018433