Os maiores de 65 anos de Quiroga participaron dunhas clases para aprender a usar o Whatsapp

RibeiraSacraXa
Alumnos e alumnas do Instituto de Educación Secundaria de Quiroga foron os que impartiron estas clases
uso-do-whatsapp-en-Quiroga
18 Xuño 2024

Alumnos e alumnas do Instituto de Educación Secundaria de Quiroga impartiron clases de Whatsapp a maiores de 65 anos no marco do Plan Proxecta+ da Xunta de Galicia no que participa o centro educativo.

A finalidade desta actividade interxeracional que presentaba o concelleiro de Servizos Sociais, Xosé Manuel Fernández Montes,ademais de amosarlle aos máis maiores como manexar o servizo de mensaxes máis popular, algo que os mozos coñecen ben, “é o de ter admiración e respecto entre xeracións.”

No taller os mais maiores aprenderon a ler e mandar mensaxes de texto e audio, facer videochamadas, enviar e recibir fotos e facer un uso seguro do whatsapp.

0.18445801734924