Os campamentos de verán en Pantón comezarán en xullo
RibeiraSacraXa
O Concello de Pantón organiza campamentos de verán que se celebrarán do 1 de xullo ao 13 de agosto, de luns a venres.
12 Jun 2021
O Concello de Pantón organiza campamentos de verán que se celebrarán do 1 de xullo ao 13 de agosto, de luns a venres. O horario dos campamentos será de 10:00 a 14:00 horas e realizarase no complexo do Monte Baliño, edificio anexo ó colexio.
O número de prazas para o campamento son 20 e será por rigorosa orde de solicitude (con preferencia para os nenos e nenas empadroados/as no Concello de Pantón). As inscrición realizaranse entre o 14 e o 25 de xuño nas oficinas da casa da cultura de Pantón, na praza do concello e o prezo será de 30 euros.
Sen embargo, dende o concello comunican que os cursos de natación non se levarán a cabo este ano por mor da covid19.