Os bolechas chegan a Bóveda o 27 de novembro
RibeiraSacraXa
FalaRedes 2021, a rede de dinamización lingüística, presenta no Concello de Bóveda Os bolechas fan o camiño marciano.
17 Nov 2021
Chega o sábado 27 de novembro ao Concello de Bóveda, Os bolechas fan o camiño marciano, un espectáculo teatral participativo para nenos e nenas de 4 a 9 anos e as súas familias.
Nel, o xogo e a diversión combínanse coa aprendizaxe da man dos coñecidos personaxes de Pepe Carreiro, Loli, Chispa, Sonia, Pili e Carlos, entre outros, que queren facer de novo o Camiño de Santiago, pero xa percorreron todas as rutas xacobeas.
A actuación levarase a cabo o vindeiro 27 de novembro, ás 17.00 horas no Centro Sociocultural e chega a través de FalaRedes 2021, a rede de dinamización lingüística. Así mesmo, levaranse a cabo todas as medidas sanitarias correspondentes.