Obradoiros sobre tecnoloxía en Chantada

RibeiraSacraXa
O vindeiro 27 e 28 de xullo no Telecentro de Chantada, celebraranse obradoiros para rapazas e rapaces de 8 a 11 e de 12 a 15 anos
cartel obradoiros chantada tecnoloxia
18 Xul 2021

O vindeiro martes 27 e o mércores 28 de xullo no Telecentro de Chantada, celebraranse obradoiros para rapazas e rapaces de 8 a 11 e de 12 a 15 anos co obxectivo de aprender a empregar a tecnoloxía a través da creatividade.

Así pois, o grupo de participantes de 8 a 11 anos terán un horario de 10 a 11.30 horas e, no caso dos mozos e mozas de 12 a 15 anos, o horario será de 12 a 13.30 horas.

As inscricións son gratuítas visitando ou chamando á Casa da Cultura no teléfono 982 44 17 52 no seguinte horario: de luns a venres, de 9.00 a 15.00 horas e os venres tamén pola tarde de 17.00 a 19.00 horas; os sábados de 10.00 a 14.00 horas e de 17.00 a 19.00 horas e domingos de 10.00 a 14.00 horas.

cartel obradoiros chantada
0.15956497192383