O XXIX Certame Municipal de Teatro para centros de ensino de Monforte remata coa entrega de premios

RibeiraSacraXa
O alcalde de Monforte entregou os premios do Certame Municipal de Teatro para centros de ensino que se celebrou do 27 de abril ao 18 de maio
ENTREGA PREMIOS CERTAME TEATRO MONFORTE
19 Maio 2022

O alcalde de Monforte, José Tomé Roca, entregou os premios correspondentes ó XXIX Certame Municipal de Teatro para centros de ensino de Monforte, convocado e organizado polo Concello de Monforte a través da súa Concellería de Cultura e que se celebrou dende o 27 de abril ata o 18 de maio no salón de actos da Casa da Cultura Poeta Lois Pereiro.

O alcalde estivo acompañado pola 1ª tenente de alcalde do Concello, Gloria Prada, a concelleira de Cultura, Marina Doutón, e o concelleiro de Servizos, José Luís Losada.

Tras o visionado dun vídeo resumo das actuacións dos diferentes centros educativos participantes, o rexedor monfortino fixo entrega a cada un dos representantes de ditos centros da gravación das obras representadas nun lápiz de memoria personalizado co logo do Concello e o nome do certame, así como dun diploma acreditativo para cada un dos participantes.

Os centros educativos que recibiron o galadón foron:

  • CEE Infanta Elena, coa obra Los sueños de Cloti.
  • Colexio Ferroviario, coa obra A estatua.
  • CEIP A Gándara, coa obra O testamento do tío Nacho.
  • CEIP de Monforte, coa obra Vida e cores.
  • IES Río Cabe, coa obra O soño do Novelo nunha noite de verán.
  • IES A Pinguela, coa obra A rateira.

E a obra de Prodeme (asociación convidada), Néboa no bigote, está pendente de ser escenificada, xa que no día previsto non se puido representar debido a un brote de coronavirus entre algúns dos actores

0.192134141922