O verán cultural continúa en Chantada

RibeiraSacraXa
Chantada continúa co seu verán cultural no día de mañá, luns 23 de agosto, a través de varias actuacións na vila.
concello chantada
22 Aug 2021

Chantada continúa co seu verán cultural no día de mañá, luns 23 de agosto.

Desta maneira, a xornada comezará pola mañá, ás 11.30 horas, co pasarrúas dos Gaiteiros Os barrios. Pola tarde será o turno dos máis pequenos cunha festa infantil na que os xogos populares serán os protagonistas. Esta actividade realizarase no parque Eloísa Rivadulla a partir das 17 horas.

Xa pola noite, chegará a música co concerto da Fábrica dos Espellos, un grupo chantadés que naceu no 2017 e que trae a súa música á vila que o viu medrar. A cita será ás 23 horas e contará coas medidas sanitarias correspondentes.

0.15003800392151