O Trofeo Kickboxing Ribeira Sacra regresa este sábado a Nogueira de Ramuín coa súa oitava edición

O Pavillón Municipal de Luíntra, en Nogueira de Ramuín, acollerá este sábado a oitava edición do Trofeo Kickboxing Ribeira Sacra, unha cita deportiva que se consolida no calendario autonómico e que reunirá a numerosos deportistas.
O ano pasado, o evento logrou reunir a máis de 150 participantes, tras superar as 350 inscricións, o que confirmou o crecemento e a consolidación desta competición como unha das referencias do kickboxing en Galicia.