Xisco Feijoo leva a Sober o seu espectáculo ”Traede Ferrallada"

RibeiraSacraXa
O concerto terá lugar este domingo ás 12.00 horas no Centro Sociocultural
xisco_feijoo
Xisco Feijoó
14 Dec 2024

O Trícole presentará este domingo, 14 de decembro, na Casa da Cultura de Sober, o espectáculo ”Traede Ferrallada" con Xisco Feijoó.

Será ás 12.00 horas na Casa da Cultura de Sober e o acceso será libre e gratuito.

O concerto está dirixido a que o público asistente participe dalgúns dos seus temas. Así o intérprete solicita que, quen tivera, traia a pandeireta, pandeiro, pandeira ou calquera ferrallada da súa casa para poder acompañalo durante o evento.

Xisco Feijoó é cantante, percusionista tradicional, bailador e coreógrafo, foi mestre do Escola Municipal Tradicional e Folk de Vigo e coordinador de canto da Orquestra Folk de Galiza SonDeSeu. Despois de máis de trinta anos na recuperación etnográfico e de colaborar en máis de vinte discos e espectáculos de artistas como Mercedes Peón, Xosé Manuel Budiño, Carlos Núñez, Kepa Junquera, Berrogüetto, Rodrigo Romaní, Pepe Vaamonde..., en 2021 lanzou o seu propio traballo, Peixe, que xirou até o ano pasado.

⚙ Configurar cookies
0.8911600112915