O Saviñao xa ten programa para o Entroido 2026

O Concello do Saviñao celebrará o Entroido 2026 do 4 ao 17 de febreiro, cun programa que combinará propostas para todas as idades e que culminará cun gran desfile de disfraces.
A programación comezará o mércores 4 de febreiro co Obradoiro de Compadres, que terá lugar na Biblioteca de Escairón, e o xoves 5 de febreiro celebrarase o Xoves de Compadres, con xogos populares e a tradicional queima dos compadres.
As actividades continuarán o mércores 11 de febreiro co Obradoiro de Comadres, tamén na Biblioteca de Escairón, e o xoves 12 de febreiro co Xoves de Comadres, con xogos populares e a queima das comadres.
O venres 13 de febreiro terá lugar a entrega dos Premios de Nadal, mentres que o domingo 15 de febreiro celebrarase unha festa infantil con actividades como perritos e palomitas, inchables, coches de choque e desfile de disfraces.
O día central da celebración será o martes 17 de febreiro, Martes de Entroido, co desfile de comparsas e disfraces, que contará tamén cunha pancetada e a actuación do Grupo Manhattan. Tras o desfile, entregaranse os premios do Entroido, que contemplan distintas categorías e para os que xa están abertas as inscricións. No apartado de comparsas, premiaranse os grupos de máis de sete integrantes con diplomas e ceas para os tres primeiros clasificados, así como cea para todas as persoas participantes. Na categoría individual, destinada a grupos de menos de sete persoas, outorgaranse diplomas e cea ao primeiro e segundo posto, ademais de premios especiais.
PORGRAMA COMPLETO DO ENTROIDO DO SAVIÑAO