O Saviñao renova o servizo de recollida de lixo con novos vehículos e colectores

RibeiraSacraXa
Incorporáronse tres 3 novos vehículos substituíronse 680 colectores
renovacion-servizo-lixo-o-saviñao
27 Feb 2026

O Concello de O Saviñao vén de presentar un novo dispositivo para a recollida de residuos urbanos, limpeza viaria e xestión do punto limpo, que inclúe a incorporación de tres novos vehículos e a substitución de 680 colectores, cun investimento próximo aos 457.000 euros.

O alcalde, Juan Carlos Armesto, destacou no acto de presentación que con estas incorporación o Concello avanza “na mellora dos servizos básicos, fundamentais para garantir a calidade de vida da cidadanía e a boa imaxe do municipio”. Armesto estivo acompañado dos concelleiros e subliñou que a renovación supón “un paso decisivo na modernización e mellora dos servizos públicos, coa incorporación de equipos máis eficientes, sostibles e adaptados ás necesidades actuais do municipio”.

Entre os novos vehículos destaca un camión con sistema de carga traseira, pensado para a recollida na zona rural, xa que o seu tamaño permite acceder a toda a rede de camiños municipais e facilita a labor do persoal. Un furgón de caixa aberta con plataforma elevadora e basculante destinarase á recollida domiciliaria de mobles e enseres, así como á limpeza viaria, ao estar equipado cun depósito de auga e hidrolimpiadora. Por último, incorpórase unha varredora autopropulsada de aspiración, unha das máis avanzadas do mercado, que permitirá limpar tanto calzadas como beirarrúas nos núcleos do municipio.

A renovación complétase coa substitución da práctica totalidade dos colectores: 580 de fracción resto, 50 de envases e 50 de papel e cartón. Estas medidas permitirán optimizar rutas, reducir tempos de actuación e mellorar a cobertura do servizo en todo o termo municipal, garantindo unha resposta máis eficaz ás necesidades dos veciños.

O rexedor subliñou ademais que “con esta inversión reforzamos o noso compromiso cun Saviñao máis limpo, ordenado e sostible, ao tempo que melloramos as condicións de traballo do persoal municipal”, destacando que toda a maquinaria incorpora as últimas tecnoloxías en termos de emisións, ruidos, ergonomía e eficiencia xeral.

0.11995506286621