O PSdeG-PSOE de Ourense constitúe a súa coordinación rexional en Trives-Caldelas de cara ás eleccións de 2027

RibeiraSacraXa
A coordinadora, encabezada por Sara Inés Vega Núñez, buscará reforzar a estrutura local municipio a municipio, mantendo as alcaldías actuais, así como ampliar a súa representación en municipios como Montederramo, Chandrexa de Queixa ou A Teixeira
psoe-trives-caldelas
Coordinadora rexional do PSdeG-PSOE de Trives-Caldelas
22 Oct 2025

O PSdeG-PSOE de Ourense celebrou esta semana en Castro Caldelas unha reunión para constituír a coordinación rexional de Trives-Caldelas, coa vista posta nas eleccións de 2027 e co obxectivo de consolidar a presenza do partido nunha comarca considerada estratéxica. A coordinación estará encabezada pola alcaldesa de Castro Caldelas, Sara Inés Vega Núñez.

Ao encontro asistiron destacados membros da Executiva Provincial, entre eles o secretario provincial, Álvaro Vila Araújo; o secretario de organización, Antonio González Fiuza; a vicesecretaria xeral, Carmen Rodríguez Dacosta; e a secretaria de política municipal, Susana Rodríguez Estévez. Tamén participaron representantes de Parada de Sil, San Xoán de Río, Castro Caldelas e A Pobra de Trives.

Segundo sinalaron desde o PSdeG-PSOE, a reunión resultou “moi fructífera e produtiva”, xa que permitiu identificar as necesidades da rexión, establecer as prioridades de traballo para os próximos meses e analizar fortalezas e debilidades do partido nos distintos municipios. Os socialistas destacan que este tipo de encontros son clave para preparar a organización de cara ás eleccións de 2027.

O obxectivo do partido na comarca de Trives-Caldelas é reforzar a estrutura local municipio a municipio, mantendo as alcaldías actuais —A Pobra de Trives, Castro Caldelas, Parada de Sil e Manzaneda— e buscando ampliar a súa representación en municipios como Montederramo, Chandrexa de Queixa ou A Teixeira. Segundo a Executiva Provincial, estas reunións contribúen a garantir unha organización sólida e a preparar as mellores candidaturas posibles para os próximos comicios.

⚙ Configurar cookies
0.070486783981323