O programa Conecta co Xacobeo chegou a Sober

RibeiraSacraXa
O secretario xeral de emigración Antonio Rodríguez Miranda estivo no día de onte en Sober, acompañado polo alcalde, Luis Fernández Guitián.
sober antonio rodriguez miranda
23 sep 2021

Doade, parroquia do Concello de Sober, acolleu no día de onte a un grupo de 100 personas que participan no programa Conecta co Xacobeo. Así pois, a eles, uníuselles a visita do alcalde, Luis Fernández Guitián, e a do secretario xeral de emigración, Antonio Rodríguez Miranda.

Así, os galegos do exterior que participan no programa Conecta co Xacobeo mantiveron unha xornada de lecer e convivencia antes de retomar hoxe as tres últimas etapas que os levarán ata Santiago de Compostela.

Deste xeito, os case cen galegos que están a participar nesta iniciativa da Secretaría Xeral da Emigración puideron realizar unha viaxe en catamarán polos cañóns do río Sil, descubrindo así a beleza do enclave recentemente nomeado reserva da biosfera pola Unesco. Ademais, tras comer en Sober, tamén puideron comprobar como se vendima nesta comarca, gozando así dunha actividade única no mundo.

No día de hoxe retomarán o camiño dende Caldas de Reis os que están a facer o Camiño Portugués e dende Bendoiro en Lalín os que realizan a Vía da Prata.

Trátase dun centenar de persoas vinculadas aos centros galegos de España e de Europa que están a realizar, dende o pasado domingo, ambos camiños dentro do programa Conecta co Xacobeo que organiza a Secretaría Xeral da Emigración. Trátase da primeira iniciativa deste tipo posta en marcha dende a pandemia e o seu obxectivo é dar un pulo ás entidades e centros galegos, así como aos seus asociados, que sufriron numerosos peches e limitacións a causa da pandemia durante os últimos meses e que son promotores do Camiño de Santiago en todos os lugares onde teñen a súa sede.

0.21654582023621