O Alcalde inaugurou a xornada 'Nacer e medrar' en Monforte de Lemos

RibeiraSacraXa
El Presidente de la Diputación de Lugo José Tomé inauguró las jornadas "Nacer e Medrar" impulsada por FAGA en Monforte.
presidente deputacion xornada nacer medrar monforte
3 Dec 2021

O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, inaugurou este xoves a xornada de debate Nacer e medrar impulsada pola Fundación Agroalimentaria de Galicia, una entidade de recente creación que constituíu a Confederación de Empresarios de Lugo. O foro celébrase no Parador de Turismo de Monforte e inclúe conferencias sobre diferentes asuntos de interese para o sector. O mandatario provincial deulle a benvida aos asistentes e auguroulles unhas boas xornadas, á vez que lles desexou unha boa estadía nesta comarca lucense.

Tomé Roca subliñou no acto de apertura que, “máis alá dos temas que se aborden aquí, esta xornada marca o arranque da actividade dunha fundación á que lle desexo unha longa traxectoria de éxitos porque iso será bo para o sector primario e, polo tanto, para a nosa provincia”. “Parécenos un excelente instrumento para avanzar na modernización, na diversificación e na dotación de valor engadido ao noso sector primario, que é estratéxico para o desenvolvemento social e económico da nosa provincia”.

Con respecto ao nome destas xornadas, o mandatario provincial manifestou que precisamente “Nacer e medrar é o que todas e todas desexamos para o noso tecido empresarial, que nazan novos proxectos empresariais e que se desenvolvan os que xa existen, especialmente no sector primario”. Engadiu que “medrar ten un sentido cuantitativo xa que precisamos máis empresas, máis competitivas, que xeren emprego de calidade e sostible para fixar poboación no noso rural”, pero “hoxe, máis ca nunca, é necesario un crecemento cualitativo, apuntalado na transferencia á empresa das solucións e avances que xorden da investigación e a innovación; apoiado na dixitalización e nas ferramentas, tanto de xestión como administrativas, que faciliten competir nun mercado globalizado; e, tamén, que permita ás empresas transformadoras completar o ciclo de valor da tan rica e variada materia prima coa que contamos na provincia de Lugo e en Galicia”.

O Presidente lembrou que os Condes de Lemos “sempre traballaron para modernizar os oficios e introducir novas industrias de proveito para a veciñanza, así que, xornadas coma esta son a mellor maneira de manter vixente a tradición ilustrada”.

A Deputación co sector primario
Na súa intervención, o mandatario provincial puxo en valor a “fluída e permanente” colaboración que a Deputación de Lugo mantén co tecido produtivo da provincia e cos seus interlocutores, como é o caso da Confederación de Empresarios de Lugo. “As relacións xa eran boas, pero estreitáronse máis debido á pandemia, que fortaleceu o noso convencemento de que a reactivación económica e o progreso pasan pola cooperación entre a administración, a empresa e o I+D+i”.

Ademais, exemplificou que esa aposta é materializada máis alá das colaboracións directas. Falou do modelo que a Deputación ten impulsado na Graxa Experimental de Leite de Gayoso Caso, en Castro de Rei, “un centro pioneiro, porque é o primeiro de Galicia que combina actividades de formación e investigación universitaria en torno ao sector lácteo”. Respecto a esta importante infraestrutura, o mandatario provincial dixo que “contribúe a mellorar a formación práctica dos estudantes universitarios do Campus Terra, como tamén axuda a que as explotacións lácteas da provincia sexan máis competitivas e máis sostibles a través da transferencia do coñecemento da investigación universitaria cara o sector primario”.

A Fundación Agroalimentaria Galega
A Fundación Agroalimentaria Galega (FAGA) é unha entidade posta en marcha neste 2021 a iniciativa da Confederación de Empresarios de Lugo. O seu obxectivo radica en impulsar o crecemento deste sector económico e promover accións que contribúan a facelo medrar. Presidida por Carlos Cebrián Escobar, agrupa a diferentes organizacións empresariais, empresarios individuais e entidades mercantís de Galicia. FAGA pretende conseguir que as empresas do sector agroalimentario poidan rematar os ciclos produtivos en Galicia e incrementar o valor do Produto Interior Bruto comunitario.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.14450621604919