O PP de Monforte pide reforzar a seguridade no barrio da Florida
RibeiraSacraXa
Reclaman unha mellor sinalización para mellorar a seguridade neste punto
Monforte de Lemos, imaxe de Google Maps
31 Jan 2025
O PP de Monforte pide reforzar a seguridade no barrio da Florida e reclaman ao Concello “unha mellor sinalización para mellorar a seguridade neste punto”. Explican dende o PP que foron numerosas as queixas recibidas polos veciños ante a inseguridade neste punto e piden ao alcalde que escoite as súas peticións.
A voceira popular, Katy Varela, acusa ao grupo de goberno de non atender aos veciños da Florida nas súas reivindicacións e piden “que se tomen en serio as súas reclamacións, tan lícitas como as de calquera outro veciño do municipio”. Para os populares, o goberno local é “selectivo á hora de decidir que problemas se solucionan no municipio” e piden que se teñan en conta as “posibles incidencias que poidan suceder nesa zona”.