O PP de Monforte pide acceso a todos os os expedientes de concesión de licenzas do ano 2025

RibeiraSacraXa
Piden coñecer se están a cumprir os prazos das concesións
casa-concello-monforte
Concello de Monforte
12 Feb 2025

Os concelleiros do Grupo Municipal do PP de Monforte pedirán acceso a todos os expedientes de concesión de licenzas do que vai de ano xa que “a través de varios afectados tivemos coñecemento de que a concesión se alonga máis aló dos tres meses marcados por lei, polo que a xente está molesta”.

A voceira popular, Katy Varela, explica que “estudaremos cada un dos expedientes para comprobar a tramitación e se cumpren os prazos ou non” e “agardamos que nos faciliten toda a documentación e non poñan trabas”.

Neste senso, a voceira popular recorda que a lei establece que a concesión dunha licenza de obra maior non debe exceder dos tres meses, “pero segundo as conversas que tivemos con varios afectados, o Concello de Monforte excede deste prazo, polo que queremos comprobar un a un cada expediente”.

0.17591190338135