O PP de Monforte levará a pleno unha moción para poñer os espazos municipais sen actividade a disposición da veciñanza

RibeiraSacraXa
Poñen como exemplo os quioscos da Compañía e do Campo de San Antonio, o edificio de Expolemos ou o local do centro do viño
praza-de-españa-monforte
18 Mar 2026

O PP de Monforte levará ao vindeiro pleno unha moción para propoñer que se poña a disposición dos cidadáns os distintos locais e espazos de titularidade municipal sen uso.

Os populares explican que na actualidade o Concello de Monforte ten varios locais de titularidade municipal que están sen uso. Se trata, din, de “espazos de diversa tipoloxía construtiva que poderían acoller diferentes tipos de actividades, tanto de carácter social coma comercial”, e poñen como exemplo os quioscos sitos na Compañía que se atopan pechados na actualidade. Dende o PP consideran que, de sacarse a concurso, habería interesados reactivar a súa actividade.

Os populares non só se refiren a estes quioscos, senón tamén a outros locais de titularidade municipal “como o edificio de Expolemos, na N-120, o quiosco do campo do San Antonio, o local do centro do viño que hai anos acolleu un bar e restaurante, ou o local que era restaurante na Praza de Abastos”.

Os concelleiros do Partido Popular lamentan que “haxa edificios sen actividade” cando “hai emprendedores que carecen dun espazo e continúan agardando que o Concello axude coa cesión dalgún destes ou asociacións sen locais onde realizar as súas reunións”, polo que pedirán aos membros da corporación municipal que apoien as súa proposta.

0.13431882858276