O PP de Lugo advirte do deterioro da subida ao Miradoiro da Conchada, en Quiroga

RibeiraSacraXa
Sinalan que o actual estado da estrada LU-P-5002 “pon en risco” o acceso a un dos principais recursos turísticos de Quiroga
pp-acceso-a-conchada
Acceso ao Miradoiro da Conchada, Quiroga
14 Jul 2025

O PP de Lugo denuncia o “deplorable” estado da LU-P-5002, especialemente no acceso ao Miradoiro da Conchada, en Quiroga que, segundo advirten, supón un “risco á seguridade” dos usuarios.

Os populares explican que se trata dunha das estradas que dá acceso a un dos principais recursos turísticos, xa que se trata dun dos miradoiros con mellores vistas de todo o entorno, e piden á Deputación de Lugo que poña en marcha o arranxo desta estrada.

Os deputados, Antonio Ameijide e Luis Fernández, xunto á presidenta local do PP de Quiroga, Rosa Arza, e o voceiro municipal, Adrián González, tras percorrer esta estrada provincial, denuncian “o perigo que supón” acceder ao miradoiro.

O estado, di Ameijide, “é lamentable e intransitable”, con “fochancas de grandes dimensións en todo o percorrido, sinalización en mal estado e totalmente deficitaria ou curvas sen barreiras de seguridade con caídas de varios metros”.

Os deputados populares denuncian que nesta revisión advertiron “que hai anos que non se realiza nin o máis mínimo traballo de conservación, porque fochancas deste tamaño non aparecen nunha semana nin nun mes, son anos e anos de abandono”.

Así, denuncia que “os accesos ás principais zonas turísticas da provincia non están en boas condicións” e instan ao PSOE e ao BNG a actuar. Para os populares “o goberno provincial segue a dar as costas a miles de veciños da provincia, mirando unicamente por aqueles que viven en municipios gobernados por amigos do PSOE ou BNG”.

⚙ Configurar cookies
0.15608406066895