O PP asegura que a moción de censura en Mazaneda seguirá adiante

RibeiraSacraXa
Os populares amosan o seu respecto pola decisión do xulgado que suspendeu a tramitación e aseguran que se trata de medidas cautelares por defectos de forma e que a moción continuará cando sexan solucionados
casa-do-concello-manzaneda
29 Oct 2025

A dirección provincial do Partido Popular de Ourense expresa o seu respecto pola decisión do xulgado número uno do Contencioso Administrativo, que na tarde de onte acordou suspender a tramitación da moción de censura que se ía debater este mércores no Concello de Manzaneda.

Dende o PP salientan que se trata de medidas cautelares por defectos de forma que, polo que advirten de que en canto sexan solucionadas continuará adiante coa moción de censura, na que o candidato á alcaldía é o actual portavoz popular, Pedro Yáñez Salgado, apoiado pola concelleira do PP Verena Yáñez Álvarez e os edís non adscritos Miguel Domínguez Hervella e Antonio Núñez Estévez, ata xullo nas filas do grupo socialista.

En todo caso, insisten, a decisión xudicial “non supón ningún tipo de referendo á postura política do PSOE”, xa que só entra en cuestión formais e non de fondo.

A moción de censura, sinala o PP, “só ten como causa a situación de inestabilidade xerada no Concello de Manzaneda, como consecuencia da escisión no seno do grupo socialista, a marcha de dous dos seus concelleiros e, polo tanto, a ingobernabilidade derivada da minoría do alcalde”. Dende o partido aseguran que garantirán a gobernanza local mediante o pacto alcanzado cos edís non adscritos.

⚙ Configurar cookies
0.071644067764282