Bóveda promove a actividade Poemas pendurados
RibeiraSacraXa
As persoas que participan na Biblioteca Accesible que promove o Concello de Bóveda comezaron esta semana coas actividades
11 May 2022
As persoas que participan na Biblioteca Accesible que promove o Concello de Bóveda comezaron esta semana coa actividade Poemas pendurados, a través dos textos do autor homenaxeado nas Letras Galegas deste ano, Florencio Delgado Gurriarán.
A iniciativa consiste en pendurar poemas das árbores en distintas partes do Concello como un xeito orixinal de sacar a poesía á rúa e que as persoas interesadas poidan facer a lectura deses poemas pendurados.
Estes días os poemas foron pendurados no exterior do Centro Sociocultural polos usuarios e usuarias da Residencia Domus Vi que participan na Biblioteca Accesible.