O obradoiro de emprego Sillor VIII comezou traballos en Quiroga

RibeiraSacraXa
El obradoiro de empleo Sillor VIII comenzó las obras de construcción de aceras en el ayuntamiento de Quiroga.
obradoiro sillor quiroga
22 Mar 2022

O Obradoiro de emprego Sillor VIII comezou os seus traballos no concello de Quiroga. Os traballadores do obradoiro dual de emprego de Quiroga e Ribas de Sil, estiveron o pasado mes de novembro realizando obras no concello de Ribas de Sil, trasladáronse agora ao Concello de Quiroga.

A semana pasada comezaron a preparar o terreo no que se construirán as beirarrúas na rúa que se está abrindo entre a rúa Tallos e a Rego da Silva e que dará servizo ao novo cemiterio municipal.

Durante catro meses, os alumnos traballadores, da especialidade de Operacións auxiliares de revestimentos continuos en construción, estarán agora traballando nestas beirarrúas nas que comezaron eliminando un peche cheo de maleza para despois realizar o muro da zona reservada para os viandantes.

Os alumnos-traballadores integrados neste programa conxunto dos concellos de Quiroga, Ribas de Sil e Folgoso do Courel, reciben durante nove meses unha formación de calidade con opción a obter un certificado de profesionalidade.

Ademais, unha vez remate o obradoiro, poderán traballar nunha empresa da contorna por un mínimo de tres meses cun contrato a xornada completa. Para este fin, a Xunta concede incentivos á contratación, solicitados polos promotores do obradoiro.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.18719387054443