O nivel dos viños de Bodegas Régoa impresiona durante a rodaxe do documental

RibeiraSacraXa
A produtora neoiorquina E-Content Digital, “impresionada” co alto nivel dos viños na rodaxe desta fin de semana en Bodega Régoa
rodaxe documental regoa
5 Xuño 2022

Bodega Régoa, de Amandi, Sober, participou a fin de semana na rodaxe dunha serie documental dunha produtora de EEUU, eContent TV ,que terá proxección internacional. En concreto, a adega propiedade de José María Prieto é a única de Galicia que forma parte deste proxecto audiovisual sobre bodegas de autor. Xunto a ela, tamén integrarán o traballo audiovisual outras bodegas do País Vasco, A Rioxa ou Andalucía.

O equipo que visitou esta semana a bodega, un total de dez persoas chegadas de EEUU, quedou “impresionado” co alto nivel dos viños da adega Régoa situadas en Amandi, Sober. Alí rodaron nunha peza de 10 hectáreas cunha inclinación de terreo superior ao 80%. A singularidade da paisaxe e do viño, de longo percorrido, algúns con ata 15 anos, foron os motivos principais polos que a produtora elixiu a Régoa para o seu proxecto.

A intención, precisan desde a produtora, é distribuír o traballo en plataformas de streaming por todo o mundo.

CINCO EPISODIOS

Cada unha das zonas vinícolas elixida dará para un episodio da serie, cinco en total, polo que Bodega Régoa será a protagonista dun dos episodios do proxecto. A gravación fíxose o venres e o sábado e tomaron imaxes da bodega, da viña e tamén visitaron a olería de Gundivós e unha queixería de Chantada. Tamén aproveitaron para coñecer a feira de Sober, onde comeron o polbo, e a igrexa de Pinol para ver as pinturas murais recentemente recuperadas.

O proxecto documental estrearase previsiblemente no último trimestre do ano e terá versión en español e en inglés no seu lanzamento.

0.057207822799683