O Nadal continúa no Saviñao con obradoiros e esperada chegada dos Reis Magos

RibeiraSacraXa
Para este venres hai programados dous obradoiros en Currelos e Escairón, e o luns chegarán os Reis coa súa cabalgata
Reyes Magos (1)
1 Jan 2026

O Concello do Saviñao continúa este venres coa súa programación de Nadal, cun obradoiro para aprender a facer un farol de Reis que terá lugar de 11:00 a 13:00 na Ludoteca de Escairón. Ademais, pola tarde, haberá outro taller, neste caso para facer calendarios de aninovo, de 16:00 a 18:00 no Centro Sociocultural de Currelos.

O luns, 5 de xaneiro, terá lugar a esperada chegada dos Reis Magos de Oriente. Melchor, Gaspar e Baltasar pasarán por Currelos a partir das 16:30 horas que rematará cunha recepción oficial no Centro Sociocultural. Ás 18:30 horas, as súas maxestades trasladaranse a Escairón, cun desfile que pasará polo Concello, a Residencia de Maiores e a Igrexa, ata chegar ao Auditorio, onde recibirán aos nenos e nenas.

⚙ Configurar cookies
0.076714992523193