O libro Un ano no Carballal presentarase no Courel este venres

RibeiraSacraXa
Este venres 20 de agosto presentarase na Fundación Uxío Novoneyra da Parada do Courel o libro Un ano no Carballal, de Sonia García.
folgoso do courel
19 Ago 2021

Este venres 20 de agosto presentarase na Fundación Uxío Novoneyra da Parada do Courel o libro Un ano no Carballal, de Sonia García.

O volume, editado pola Editorial Canela coa colaboración do Servizo de Publicacións da Vicepresidencia da Deputación de Lugo, recolle a evolución da vida tradicional aos novos tempos recollendo testemuñas da comarca lucense do Courel, en concreto da aldea do Carballal. Este traballo de investigación achega datos históricos, así como do patrimonio, o medio natural, a etnografía, a toponimia, o uso local da lingua ou a música.

A autora presenta este libro como unha ferramenta moi válida para os estudosos e investigadores do medio, da antropoloxía e da fala, así como unha peza de grande valor sentimental para a veciñanza da zona.

A presentación do libro, que se celebrará ás 19 horas, contará coas medidas sanitarias correspondentes, así coma o aforo limitado.

cartel presentacion un ano no carballal
0.14126706123352