O III Circuíto Comarcal de Carreiras de Cross Escolar pasará por Sober, Carballedo, Chantada e Pantón

RibeiraSacraXa
A competición comezará o domingo 1 de marzo en Sober e continuará o venres 13 de marzo en Carballedo, o sábado 18 de abril en Chantada e o venres 24 de abril en Pantón
presentacion-circuito-cross-escolar
24 Feb 2026

O III Circuíto Comarcal de Carreiras de Cross Escolar 2026, enmarcado no programa de deporte infantil da Xunta de Galicia, XOGADE, celebrarase este ano en catro concellos da comarca. A competición comezará o domingo 1 de marzo en Sober e continuará o venres 13 de marzo en Carballedo, o sábado 18 de abril en Chantada e o venres 24 de abril en Pantón.

A primeira proba terá lugar este domingo en Sober, e as persoas interesadas poderán inscribirse ata o xoves 26 para participar nesta cita inaugural. O circuíto está dirixido a escolares de toda a provincia de Lugo, que competirán en distintas categorías segundo o seu ano de nacemento e con distancias adaptadas a cada grupo.

Poderán participar prebenxamíns (nados en 2020 e 2019) e benxamíns (2018 e 2017), que percorrerán 500 metros; alevíns (2016 e 2015), cunha distancia de 1.000 metros; infantís (2014 e 2013), que afrontarán 1.500 metros; e cadetes (2012 e 2011), cun percorrido de 2.000 metros.

No caso de Chantada, a proba celebrarase o 18 de abril. A inscrición é gratuíta e debe confirmarse a través do profesorado de Educación Física dos concellos participantes, enviando un correo a edmchantada@gmail.com
ou acudindo ao Pavillón Polideportivo Municipal. A organización inclúe transporte, seguro para a competición e o acompañamento de dous adultos como persoal técnico.

0.081959009170532