O II Encontro Raizames desenvolverase esta fin de semana con diversas actividades culturais

RibeiraSacraXa
O cartel e a programación da segunda edición de Raizames, o Encontro da Cultura do Viño da Ribeira Sacra promovido pola Asociación de Comerciantes e Industriais de Taboada os vindeiros 10, 11 e 12 de maio, foron presentados no Auditorio da Casa Cuartel do municipio, no que estiveron o alcalde do municipio, Roi Rigueira, así como o tenente de alcalde, José Portela; o presidente da ACIMTA, Miguel Pavón Reinoso; acompañados por representantes da Xunta e da Deputación de Lugo, ambos colaboradores do evento.
presentación Raizames 2024
8 Maio 2024

O cartel e a programación da segunda edición de Raizames, o Encontro da Cultura do Viño da Ribeira Sacra promovido pola Asociación de Comerciantes e Industriais de Taboada os vindeiros 10, 11 e 12 de maio, foron presentados no Auditorio da Casa Cuartel do municipio, no que estiveron o alcalde do municipio, Roi Rigueira, así como o tenente de alcalde, José Portela; o presidente da ACIMTA, Miguel Pavón Reinoso; acompañados por representantes da Xunta e da Deputación de Lugo, ambos colaboradores do evento.

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, explicou que o Goberno galego apoia esta cita a través de Turismo de Galicia para sumar “outra convocatoria turística de referencia arredor do viño para esta denominación de orixe”. Neste sentido, apuntou que a proposta de Taboada engade unha aproximación multidisciplinar á viticultura como actividade económica esencial e como elemento identitario do concello e da comarca.

Pola súa parte, a deputada de Cultura Iria Castro, Castro destacou a importancia de “dar voz a estas actividades que conseguen poñer o foco na cultura e nas tradicións galegas e, neste caso, centradas na viticultura, un sector moi arraigado na Ribeira Sacra e no que participan moitas familias do sur da provincia”, e concluíu, defendendo a aposta da área de Vicepresidencia “dentro do apoio que lle damos a entidades e concellos para levar a cabo iniciativas que promovan a cultura para as distintas xeracións e a acheguen aos concellos máis rurais”.

Así, todos coindiron en sinalar a importancia de consolidar un evento destas características, tan diferenciador e rupturista, que basea o seu plantexamento en colocar a mirada na propia narración das personas que habitan o territorio e terman do legado cultural da Ribeira. "Un evento que aporta unha programación de primeiro nivel, contando con propostas artísticas que van dende o audiovisual, a fotografía, o musical, a danza contemporánea e ata a performance. Un evento cunha descoberta do territorio, de dentro a fóra. Taboada e a Ribeira, contada polos seus propios protagonistas. E un evento no que tamén hai unha clara mirada violeta e en feminino", explican desde a organización.

PROGRAMACIÓN DO RAIZAMES

Encontro abrirase o venres, día 10, ás 18.30 horas, cun paseo guiado á exposición fotográfica 'Paisaxe humana', de Abel Valdenebro, distribuída polas rúas da vila. Posteriormente, proxectarase o documental 'Os gardiáns das cepas' no auditorio da Casa Cuartel e haberá unha Cata guiada na Casa da Cultura.

Durante a xornada do sábado, haberá rutas, catas guiadas e degustacións de viños; unha mesa redonda sobre as vides e a paisaxe, o espazo infantil 'Vendimarte cativa' e varias actuacións musicais, acabando coa queima dunha facha na praza do Riazón.

O programa remata o domingo coa presentación do libro 'Observacións sobre a cultura do viño na Galiza', o encontro 'O viño, con nome de muller', unha degustación de viños e un espectáculo de danza contemporánea.

0.20403790473938