O IES Lama das Quendas acolle unha representación sobre Rosalía de Castro

RibeiraSacraXa
A actuación forma parte da programación organizada pola área de Cultura da Deputación arredor da figura de Rosalía de Castro.
chantada ies lama das quendas
13 Apr 2021

O IES Lama das Quendas de Chantada acolle mañá mércores, 14 de abril, a representación da obra 'Rosalía', dirixida pola actriz e directora Fina Calleja, ligada á compañía Sarabela e responsable de moitas das súas montaxes infantís e xuvenís.

'Rosalía' recrea a infancia da poeta como a etapa na que se forxou a rebeldía e o impulso transformador que define a súa obra e biografía. A protagonista da representación, pensada para un público familiar, é unha Rosalía aínda nena que se resiste a abandonar a aldea, onde vive baixo a tutela das súas tías maternas, para ir vivir con súa nai a Compostela.

A actuación forma parte da programación organizada pola área de Cultura da Deputación arredor da figura de Rosalía de Castro, en colaboración con Concellos e centros educativos. A axenda, que botou a andar o pasado 24 de febreiro, coincidindo co aniversario do nacemento da poeta, inclúe quince representacións teatrais e vinte intervencións artísticas en espazos públicos, coa figura de Rosalía de Castro como elemento común.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.20168399810791