O grupo monfortino Movilla y los Irrepetibles actuará esta noite na rúa do Cardenal
O grupo monfortino, Movilla y los Irrepetibles, ofrecerá un concerto esta noite na rúa do Cardenal, en Monforte de Lemos. Será ás 20.00 horas e enmárcase dentro do programa de actividades organizado polo Concello de Monforte con motivo do Mercado de Nadal, instalado durante esta fin de semana na Praza de Abastos.
Ademais, Títeres de Alakrán levarán o seu espectáculo ‘Pequeno Kabaret de Tolos’ ao Mercado ás 18.30 horas.
Sinopse de ‘Pequeno Kabaret de Tolos’
Grandes estrelas do mundo da música cobran vida nun espectáculo musical de marionetas, conducido e manipulado polo actor e titiriteiro Borxa Insua. Ella Fitzgerald, Jimmy Hendrix, Camarón de la Isla, un breakdancer sen papeis, o esqueleto de Nina Hagen, Montserrat Caballé... son algunhas das figuras e sorpresas que nos depara este pequeno cabaret.
Un presentador leva ás súas costas un cabaret ambulante que resucitará grandes estrelas do mundo da música... Con ocorrencia e improvisación, o presentador trata de divertir e involucrar ao público cun espectáculo que animará tanto a pequenos como a maiores.