O grupo monfortino Deloreans abriu o ciclo de actuacións musicais do Nadal programadas polo Concello

RibeiraSacraXa
A música en directo a cargo dos grupos monfortinos voltará á rúa Cardeal o 2 de xaneiro de 2026 coa actuación de Malenne
deloreans-concerto-nadal-monforte
27 Dec 2025

O grupo monfortino Deloreans abriu este venres as actuacións musicais programadas polo Concello de Monforte nestas Festas de Nadal cun concerto no que estivo presente o alcalde, José Tomé Roca, xunto á Tenente alcalde, Gloria Prada, o concelleiro de Medio Ambiente, Obras, Medio Rural e Servizos, José Luis Losada, así como a aoncelleira de Comercio, Regina López.

A música en directo a cargo dos grupos monfortinos voltará á rúa Cardeal o 2 de xaneiro de 2026, ás 20.30 horas, coa actuación de Malenne.

Con este ciclo, destaca o rexedor, o Concello busca “poñer en valor aos nosos grupos, que ademais contan cunha boa produción para que as súas composicións soen coa calidade profesional que merecen”. Tomé destaca a aposta do Equipo de Goberno por darlle protagonismo aos grupos locais coa idea de visibilizar o seu importante traballo creativo, así como pola dinamización das rúas durante estas festas, potenciando con esta animación as compras no comercio local.

A colaboración do Concello de Monforte cos grupos locais, lembran desde o equipo de Goberno, é constante, sendo tamén protagonistas do Verán Cultural a través dun ciclo de concertos en diferentes espazos da cidade que se desenvolve durante os meses de agosto e setembro.

⚙ Configurar cookies
0.08399510383606