O grupo de teatro Viraventos puxo fin ao ciclo de teatro de 2025 organizado polo Concello de Monforte

RibeiraSacraXa
A compañía monfortina subiu ao escenario da Casa da Cultura Lois Pereiro coa súa función ‘O boleto’ para despedir o ano
viraventos-monforte-o-boleto
22 Dec 2025

A Casa da Cultura Lois Pereiro de Monforte de Lemos rexistrou un cheo este sábado coa representación de ‘O boleto’, o último espectáculo do grupo de teatro afeccionado monfortino Viraventos. A función puxo o broche final ao ciclo de teatro de 2025 organizado polo Concello de Monforte.

A obra, dirixida por Candela López e Marcos Vázquez, enmárcase dentro da programación das Festas de Nadal 2025-2026 e forma parte do Circuíto de Teatro Afeccionado impulsado pola Deputación Provincial de Lugo. Sobre o escenario, un amplo elenco deu vida a esta proposta teatral, consolidando unha vez máis o traballo do grupo Viraventos e a boa acollida do teatro afeccionado entre o público local.

Con esta representación, o Concello de Monforte pecha a programación teatral de 2025, reafirmando a súa aposta pola cultura e polo apoio ás compañías locais.

0.23459601402283