O grupo de teatro ‘Augas do Sil’ actuará o 1 de febreiro en Ribas de Sil

RibeiraSacraXa
Presentarán a mostra ‘Os apuros dun zapateiro’ no salón de actos do Concello
grupo-teatro-augas-do-sil
Agrupación teatral 'Augas do Sil'
27 Jan 2025

O grupo de teatro Augas do Sil actuará o vindeiro sábado, 1 de febreiro, no salón de actos do Concello de Ribas de Sil. A agrupación local presentará a súa montaxe ‘Os apuros dun zapateiro’.

A mostra está baseada na obra teatral homónima, escrita por José Molejón Rañón en 1977. Trátase dunha comedia galega dividida en dous actos, que abrirá a programación teatral de 2025 no concello.

0.15590810775757