O fotógrafo Chantadino Xosé Manuel Otero presentará o seu novo libro en Ourense

RibeiraSacraXa | OurenseXa
Será este xoves, 27 de febreiro, no Ateneo de Ourense
xose-manuel-otero-presentacion
25 Feb 2025

O vindeiro xoves, 27 de febreiro de 2025, o fotógrafo chantadino Xosé Manuel Otero presentará no Ateneo de Ourense o seu último libro, ‘Hábitats urbanos’.

Conta cunha longa traxectoria no mundo da fotografía, con innumerables exposicións ás súas costas e unha participación constante en todas as edicións do certame de fotografía tradicional ‘Falando en Prata’, organizado polo Ateneo de Ourense.

Natural da Ribeira Sacra e residente na cidade de Lugo, inicia a súa andaina pública no ano 1994 coa participación na exposición colectiva ‘Feminino’, na sala BACAVÚ de Lugo. Desde entón, participou en máis de corenta exposicións, tanto individuais como colectivas.
As súas obras foron expostas en museos como o de Ourense, Ribadavia, A Fonsagrada, MHIL ou o Museo Provincial de Lugo. Tamén exhibiu o seu traballo no Vello Cárcere de Lugo e en diversas Casas de Cultura, como as de Santiago, Chantada e Monforte. Así mesmo, levou a súa obra ás universidades de León e de Santiago, así como a salas de exposicións privadas e públicas en cidades como A Coruña, Lugo, Barcelona, Braga, Xixón e Madrid, entre outras. Entre as súas montaxes individuais, destacan as realizadas no claustro de ‘Santa María A Antiga de Monforte’.

Ademais, participou no proxecto ‘Andante’, promovido pola Fundación Vila de Allariz, e no certame ‘Falando en Prata’, organizado polo Ateneo de Ourense. A súa colaboración tamén se estendeu a eventos como o ‘Outono Fotográfico’ e ‘Ourense en Pé de Foto’.
Ao longo da súa carreira, colaborou con distintos medios gráficos, entre eles El Progreso (Lugo), Artesonado (Escola de Artes Aplicadas de Lugo), Entremuros (Lugo), Las Nueve Musas (Xixón), Nós, a Xente do Redor (Ourense), Chío (Lugo) e Museal (Museo Provincial de Lugo), entre outros.

A súa obra aparece en diversas publicacións, como ‘Homenaxe a Isidro Novo’, ‘Historia do Seminario de Lugo’, ‘Poesía Reunida Completa’ de José Estévez, Raia ‘Luso Española’, ‘Sempre Abril’, ‘Lugo a través do tempo’ e ‘Memoria de Fonmiñá’, ademais de en almanaques e carteis de distintos eventos.

⚙ Configurar cookies
0.17361402511597