O Festival de Nadal de Sober será o 15 de decembro

Sober acollerá o vindeiro domingo, 15 de decembro, o Festival de Nadal no Centro Sociocultural.
A cita arrancará ás 18.00 horas e contará coas actuacións da da Escola Municipal de Música de Sober, a Banda de Música de Sober e o Coro Berea.
Outras actividades
Pola súa banda, Papá Noel chegará o venres día 20 de decembro, e o 21 terán lugar dous concertos con panxoliñas a cargo de O Trícole, un deles en Sober e outro na igrexa de Bolmente. Ademais, ese mesmo sábado haberá tamén un concerto de de Perisic & Urquiaga, das Xuventudes Musicais.
Pola súa conta, o xoves 26 de decembro haberá unha Festa Infantil de Nadal no pavillón do Colexio e o venres 27 terá lugar un concerto de Xingros Big Band. Para rematar decembro, o día 30 a Biblioteca de Sober recibirá a visita da Apalpadora.
A programación continuará o 3 de xaneiro cun contacontos e Cantos de Reis a cargo de O Trícole e o domingo día 5 o concello de Sober recibirá a visita dos Reis Magos de Oriente.
Para rematar, o 10 de decembro inaugurarase a mostra de fotos 'Ingredientes de cocktails' de Macrolans Studio