O festival As Cores do Outono chega o 16 e 17 de outubro

O vindeiro 16 e 17 de outubro de este ano, A Pobra do Brollón volve tinguirse das Cores do Outono. O festival, que chega coa súa sétima edición, contará con actuacións de baile, teatro, poesía e concertos, entre moitos máis.
Ata o momento, tan só se confirmou a presenza da artista Teresa Ferreiro que traerá unha sesión de DJ o sábado 16 de outubro ás 13.30 horas. Unha actuación que amenizará o vermú e que se completará con moitos outros eventos na mañá e na noite, dos que se irá informando.
Para este concerto xa se pode reservar sitio na terraza do 1º de maio, no número de teléfono 982 430 134.
