O FanCine de Lemos chega ao Ateneo de Monforte
O Ateneo Casino de Monforte acolle varias actividades do FanCine de Lemos nesta semana. Así pois, as actuacións e obradoiros serán moi variados e diferentes para que todas as persoas interesadas poidan disfrutar e realizar as actividades que prefiran.
Por un lado, do 21 ao 25 de xullo, poderase visitar o lado máis cultural do FanCine, a través dunha exposición permanente de Noemi Núñez, unha artista graduada en Belas Artes e nada no Cebreiro. O mércores 21, ás 22.30 horas, será o turno das películas. Así pois, neste caso presentarase Santa Sangre, unha película de terror e suspense psicolóxico que se encuadra nunha colaboración co Santiago Horror Film Festival.
En canto ao xoves, o turno será dos obradoiros, neste caso de maquillaxe. Alberto Hortas -de 4Ojos Estudio- será o encargado de trasladar os seus coñecemos deste mundo a todos aquelas persoas que o desexen. O obradoiro levarase a cabo ás 12 horas e trataranse diferentes temas sobre isto; efectos especiais do maquillaxe para cine, televisión, publicidade e museos, entre outras cuestións.
O venres será o turno do humor cos contos de cine de Pedro Brandariz, un humorista galego con experiencia demostrada que arrincará os sorrisos de todas as persoas presentes. Esta actuación levarase a cabo ás 12 horas, o vindeiro venres 23 de xullo. E para rematar, proxectarase a película Mirai, mi hermana pequeña o propio venres ás 12.30 horas.
Todas estas actividades e espectáculos levaranse a cabo no Ateneo de Monforte, no que se poderá disfrutar de humor, películas, terror e aprendizaxe durante todos os días da semana.