O Faladoiro do Centro Social de Quiroga do mes de abril tratará sobre benestar

María Teresa Taboada protagonizará Faladoiro do Centro Social de Quiroga, que terá lugar o vindeiro mércores, día 29 de abril.
A protagonista deste novo Faladoiro é de familia quiroguesa pero ela naceu, criouse e viviu en Madrid, onde se dedicou ao mundo empresarial. Na cincuentena decide volver ao lugar das súas orixes buscando unha mellor calidade de vida e contacto coa natureza. Dende o ano 2018 rexenta “Espazo Sacro”, onde imparte clases de ioga e sanación a través da Terapia Caneosacral. Durante a actividade axudará ás persoas participantes a “aquietar a mente”.
O Concelleiro de Servizos Sociais, Xosé Manuel Fernández Montes, encargarase de dirixir e moderar este novo encontro que se desenvolverá o mércores día 30, ás seis da tarde, na Biblioteca do Centro Social.
O Faladoiro é unha actividade que promove o Concello de Quiroga dende a Concellería de Servizos Sociais e Participación Cidadá que busca crear un espazo de socialización e de coñecemento. Partindo dun tema a tratar e dunha persoa convidada, os asistentes poden intervir para coñecer máis á relatora ou relator, para aprender, e incluso para compartir as súas propias experiencias.