O espectáculo Circo de lume chega hoxe a Pantón como parte do programa Cultura no Camiño

RibeiraSacraXa
O espectáculo Circo de lume chega hoxe ás 22.00 horas ao concello de Pantón como parte do programa Cultura no Camiño
circo lume panton portada
circo lume panton portada
17 Ago 2022

Este espectáculo de Novo Circo interpretado pola Compañía Asacocirco, terá lugar esta noite ás 22.00 horas na praza do Concello de Ferreira de Pantón.

O obxectivo principal será o de manter a atención do público e conseguir impresionalo.

Circo de lume é un espectáculo para tódolos públicos ideal para a noite. Está formado por emocionantes números que mesturan técnicas de danza con malabarismos, manipulación, pirofaxia, humor e trato directo co público.

Interpretado por Joao Alvim e Miriam Crespo, malabaristas con máis de trece anos de adestramento, fan que este espectáculo teña efectos visuais impresionantes e de maneira segura, dignificando así o motivo dos actos con lume.

circo lume panton
0.15884399414062