O Espazo Xove de Chantada acolle unha mostra fotográfica sobre a provincia de Lugo
RibeiraSacraXa
A mostra consiste nunha peregrinaxe circular a distintos lugares de Lugo dende a mirada da fotógrafa Bego Pérez

6 Feb 2025
Chantada acolle a mostra ‘Dá unha volta’, da fotógrafa Bego pérez, que poderá visitarse no espazo Xove de Chantada ata o vindeiro 28 de febreiro.
A mostra consiste nunha peregrinaxe circular a distintos lugares de Lugo, percorrendo paisaxes a través de fotografías panorámicas polares que abandonan deliberadamente a reprodución exacta das formas sen perderen a afinidade coa realidade. Combinando fotografía e tecnoloxía, a autora pretende un resultado que provoque ao espectador.